FORMACIÓN DIXITAL PARA MAIORES DE 14 ANOS E FAMILIAS
Formación Dixital é un programa formativo para obter a capacitación en competencias dixitais intermedias que a Xunta de Galicia ofrece a cidadanía.
Este programa comezou en outubro de 2024 e estará operativo ata o ano 2026, poden participar tódalas persoas maiores de 14 anos.
É completamente de balde, 100% online e 100% titorizado.
Ten unha duración máxima de 10 semanas (250 horas) aínda que cada persoa pode realizalo curso o seu propio ritmo, o curso pódese iniciar en calquera momento do ano (hai varias datas abertas) e rematase 10 semanas despois do seu inicio.
Consiste nunha formación moi práctica, con vídeos, contidos interactivos, acompañamento de sesións grupais e un titor que leva o control de toda a formación.
A estudante disporá dunha guía práctica para cursar o temario. O contido está dispoñible en galego e castelán.
Rematada a formación recibirase un diploma acreditativo da formación completada, expedido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia.
Este curso a maiores ofrece a preparación para optar o ComDix intermedio.
¡As inscricións están abertas!
Inscríbete aquí https://formaciondixital.gal/inscripcion/
Para máis información podes contar no 681 053 179 escribirnos a info@formaciondixital.gal
Podes botarlle unha ollada o curso na ligazón para a demo da plataforma:
Dalle click a ligazón que hai abaixo e emprega o usuario e contrasinal que están a continuación:
https://campus.formaciondixital.gal
Usuario: demo_rd
Contrasinal: Demo_rd24
Comentarios
Publicar un comentario