BOLSA NO COLEXIO MAIOR SAN AGUSTÍN

Dano Cerebral Galicia, a Federación de asociacións desta discapacidade na nosa comunidade autónoma ten como obxectivo principal a mellora da calidade de vida do colectivo de persoas e familias con dano cerebral adquirido. Un dos xeitos de axudar a esa mellora é o establecemento e mecanismos e recursos de apoio para as persoas que compoñen a nosa base social. Contamos cunha colaboración co Colexio Maior San Agustín, de Santiago de Compostela, a través da que ofrecemos unha bolsa para a estadía no seu centro durante o curso 2025/2026. Está dirixida a alumnado con dano cerebral adquirido ou cun familiar de até segundo grao con esta discapacidade, que acceda ao primeiro curso dun grao na USC. Os detalles a nivel de requisitos, procedemento, bases, prazos etc. están na nosa web: https://danocerebralgalicia.org/gl/que-facemos/cohesion-asociativa-e-fortalecemento-institucional/bolsa-cmu-san-agustin

Comentarios

Entradas populares de este blog

FONDO DE LIBROS