SUBVENCIÓN IGUALDADE
O 18 e 19 de novembro terán lugar no noso centro os obradoiros de igualdade para os rapaces e o 26 de novembro ás 19:00 horas celebrarase unha charla online dirixida ás familias. Tedes o enlace no cartel. Estes obradoiros están destinados a fomentar a reflexión e a sensibilización sobre a igualdade de xénero entre toda a comunidade educativa e pódense levar a cabo grazas á axuda económica proporcionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Comentarios
Publicar un comentario