PROXECTO ARISE

Ola familias! A Federación Down Galicia está participando no proxecto europeo ARISE - A moRe IncluSive Education, que ten como principal obxectivo a mellora da inclusión educativa en Europa. No marco deste proxecto, o vindeiro xoves 23 de xaneiro de 2025 terá lugar o primeiro encontro online internacional de intercambio de ideas e experiencias, no que profesorado, familias, alumnado e representantes institucionais se reunirán para intentar promover unha educación máis xusta e inclusiva para o alumnado europeo con necesidades educativas específicas. Neste encontro tamén se presentarán os resultados da análise de necesidades realizada, que ofrece conclusións moi significativas extraídas das máis de 120 enquisas realizadas a membros das comunidades educativas de España, Italia e Portugal. Por favor, agradecemos se podedes facerlle chegar esta información ás familias que conforman a vosa entidade, por se é do seu interese participar neste destacado evento. 💻 A reunión desenvolverase de forma online para garantir a máxima participación e será unha oportunidade única para discutir mellores prácticas, compartir experiencias e definir unha folla de ruta para o cambio. 📅 Cando? Xoves, 23 de xaneiro de 2025 ⏰ Hora: 18:30h 💻 Como unirse? Cubre o seguinte formulario de rexistro: https://forms.gle/vNwHAZvHKQFEvtB69 Máis información sobre este primeiro encontro internacional na seguinte ligazón: https://downgalicia.org/2025/01/13/down-galicia-convida-a-comunidade-educativa-ao-primeiro-encontro-internacional-do-proxecto-europeo-arise/

Comentarios

Entradas populares de este blog

FONDO DE LIBROS