O 18 e 19 de novembro terán lugar no noso centro os obradoiros de igualdade para os rapaces e o 26 de novembro ás 19:00 horas celebrarase unha charla online dirixida ás familias. Tedes o enlace no cartel. Estes obradoiros están destinados a fomentar a reflexión e a sensibilización sobre a igualdade de xénero entre toda a comunidade educativa e pódense levar a cabo grazas á axuda económica proporcionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Ola familias! Como xa vos comentamos a principios de curso, queremos facer un fondo libros para o curso que vén e por iso pedimos a vosa colaboración. No terceiro trimestre volveremos a poñernos en contacto con vós por se alguén está interesado en doar ou sabedes de alguén que xa non use os libros e que nolos facilite. Deixamos o listado dos libros que serían: Gracias e un saúdo.
Comentarios
Publicar un comentario