O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza para o día 13 de outubro unha charla sobre “TRASTORNOS NA ADOLESCENCIA E PREVENCIÓN DO SUICIDIO”. Será impartida pola Educadora Social Rocío Rey, que leva dezasete anos traballando con nenos e adolescentes. Este curso ten como finalidade ofrecer ferramentas ás familias, coidadoras e coidadores, así como mestres e mestras, para comprender os trastosrnos psicolóxicos máis comúns na infancia a na adolescencia, poder identificar sinais de alerta e previr conductas suicidas. Falaremos tamén dos pasos a seguir si nos atopamos ante un caso de ideación suicida, todo isto, baixo unha mirada de comprensión hacia o neno, nena, ou adolescente, pero tamén hacia as familias e persoas que os rodean. As incricións estarán abertas ata o xoves 9 de outubro, e deberán efectuarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello, ou ben chamando o Tfno: 982.59.20.01